O luns 23 de febreiro fomos á biblioteca na hora de galego coa nosa profesora Áurea Penas e tivemos unha charla sobre a violencia de
xénero, mediante a exposición dunha curta titulada "A orde das cousas" creada polos irmáns Esteban Alenda.
Amanda Díaz Pena, a psicóloga que nos impartiu a charla, forma parte da asociación "Enriqueta Otero", formada por mulleres lucenses contra a violencia de xénero, que se chaman a sí mesmas, dende hai 5 anos, "Quetas". Entre elas hai mulleres vítimas da violencia de xénero e outras que simplemente defenden a causa.
Amanda Díaz Pena, a psicóloga que nos impartiu a charla, forma parte da asociación "Enriqueta Otero", formada por mulleres lucenses contra a violencia de xénero, que se chaman a sí mesmas, dende hai 5 anos, "Quetas". Entre elas hai mulleres vítimas da violencia de xénero e outras que simplemente defenden a causa.
O vídeo móstranos a realidade da vida de Xulia mediante unha bañeira que se vai enchendo pouco a pouco significando así o peso que ela soporta todos os días da súa vida e a anclaxe que ten cara a súa casa xa que non pode saír dela. O seu marido, Marcos, tivo unha infancia marcada polos pasos do seu pai e o seu cinto, co que maltrataba a toda a familia. Por iso, Marcos tamén segue eses pasos na vida actual coa súa familia. Marquitos, o fillo, non quere seguir os pasos do seu pai e por iso non lle fai caso cando este lle pide que busque o cinto perdido pola casa, sabendo que o cinto estaba na bañeira coa súa nai.
Ao longo do vídeo atopamos símbolos como o xoguete de Marquitos de cando era pequeno, que era un avión vermello, o cal tiña as ás rotas, e o seu pai dixolle que o ía arranxar mais non o fixo, simbolizando así a infancia rota. Tamén atopamos outros símbolos como son o anel de Xulia, que representa a mentira por parte do seu marido, xa que el prometeu unha vida digna e non o que ela estaba a vivir. A porta do baño sempre estaba aberta, outro claro símbolo de vixiancia e acoso hacia Xulia. E por último cabe destacar que o seu estado físico non cambia en ningún momento do vídeo, xa que con iso quere mostrar que ao non ter vida non pode esperimentar cambios.
Na segunda parte da obra atopamos a Xulia con marcas de violencia no seu rostro dentro da bañeira, negándose a devolverlle o cinto ao seu marido. Por iso, Marcos colle o cinto do fondo da tina e a súa muller non o solta, e a auga cae sobre a bañeira provocando un afundimento no cuarto de baño. Baixo a auga prodúcese a liberación de Xulia ao tirar o anel, mentres que Marcos fúndese co cinto na man, mostrando así a posición que tiña Xulia cando permitía que a maltratase, é dicir, afundida.
Ao final, Xulia érguese no medio do mar, simbolizando así a liberdade que conseguira co aceno de desprenderse do anel que era o único que todavía unía á parella.
O vídeo remata coa imaxe da beira do mar chea de bañeiras ancladas, representando a superación do resto das mulleres que sofren ou sufriron este tipo de violencia.
A continuación podemos ver o enlace do vídeo:
A orde das cousas: https://www.youtube.com/watch?v=hfGsrMBsX1Q
E a ligazón da páxina da asociación de Enriqueta Otero: www.emuller.org
E a ligazón da páxina da asociación de Enriqueta Otero: www.emuller.org